A Xunta financia a construción de nove pistas multideporte na provincia da Coruña en colexios e institutos o vindeiro curso

Trátase dunha iniciativa novidosa posta en marcha pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades ao abeiro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, que supoñen un investimento na provincia da Coruña de máis 500.000 euros
 

Tal e como se deu conta no Consello da Xunta de hoxe, o Goberno galego subvenciona ata o 85% do custo destas infraestruturas de uso compartido entre os centros e os concellos
 

A Coruña, 21 de xullo de 2022

A Xunta financia na provincia da Coruña nove pistas multideporte en colexios e institutos das comarcas da Coruña, Santiago, Barbanza e Costa Morte unha iniciativa novidosa que se pón en marcha por primeira vez este ano e que suporá un investimento na Coruña de máis de 500.000 euros

 

O delegado da Xunta informou que esta proposta se elevou hoxe ao Consello da Xunta, por parte da pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, e destacou que esta iniciativa se desenvolve ao abeiro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica para os centros educativos e que responden ao obxectivo común de avanzar cara un modelo de infraestruturas educativas máis innovadoras, sostibles e confortables.

 

Gonzalo Trenor explicou que na comarca do Barbanza executaranse 5 pistas multideporte nos concellos de Boiro, Noia, Outes e Porto do Son cun investimento de máis de 287.000 euros; na comarca de Santiago en centros educativos de Ordes e Santa Comba cunhas axudas de máis de 127.000 euros; na área da Coruña nun CEIP de Aranga cun apoio de 46.000 euros e na comarca de Bergantiños-Costa da Morte construiranse unha pista deste tipo nun centro educativo de Cee cun investimento de máis de 63.000 euros.

 

Pistas multideporte

As axudas van destinadas a pistas multideporte en centros de Educación Infantil e Primaria e nos centros integrados non universitarios (CPI) de titularidade municipal, cuxo deseño debe ser conforme aos modelos establecidos no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica. O obxectivo é promover unha vida sa entre o alumnado e permitir a práctica de, candomenos, cinco deportes, nun espazo polifuncional.

 

Os concellos de 5.000 habitantes ou menos podían recibir da Xunta ata o 85% da contía subvencionable ata un máximo de 85.000€ por proxecto. No caso dos concellos con poboacións de entre 5.000 e 15.000 habitantes a porcentaxe subvencionable é do 75% e nos de poboación igual ou superior a 15.000 habitantes será do 60%.

 
 

PISTAS MULTIDEPORTE PROVINCIA CORUÑA

 
PISTAS MULTIDEPORTE
COMARCA A CORUÑA
Aranga
CEIP A CASTELLANA
46.710,17 €
Total
46.710,17 €
COMARCA COSTA DA MORTE
 Cee

ESCOLA UNITARIA PEREIRIÑA

63.750,00 €
Total
63.750,00 €
COMARCA BARBANZA
Boiro
CEIP PRAIA XARDÍN
46.713,65 €
Lousame

C.P.I. CERNADAS DE CASTRO

72.250,00 €
Noia

C.E.I.P. FELIPE DE CASTRO

63.750,00 €
Outes

CEIP PLURILINGÜE DE OUTES

63.750,00 €
Porto do Son
CEIP de Nebra
40.960,41 €
Total
287.424,06 €
COMARCA SANTIAGO
Ordes
CEIP CAMPOMAIOR
63.750,00 €
Santa Comba

CEIP PLURILINGÜE BARRIÉ DE LA MAZA

63.750,00 €
Total
127.500,00 €
TOTAL
525.384,23 €