Valentín García refírese á ourivaría como un dos capítulos fundamentais da expresión artística e relixiosa de Galicia

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2022

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na inauguración da exposición O esplendor do camiño. Oito séculos de pratería e acibeches en Compostela, de Ourives de Compostela, onde se referiu a estas técnicas como un dos capítulos fundamentais da expresión artística e relixiosa de Galicia e agradeceu o labor feito polos organizadores para trazar “unha ampla cronoloxía dos traballos con prata e acibeche que se deron en Galicia”.

 

Neste senso, o representante da Xunta de Galicia explicou que as preto de 100 pezas que compoñen a mostra do Pazo de Fonseca contribúen a analizar a influencia do Xacobeo e das tendencias que chegaban polo Camiño de Santiago, e como o traballo de ourivería foise transformando conforme aos distintos cambios sociais ata seguir sendo hoxe en día “unha das profesións artesanais máis prestixiosas e minuciosas de Galicia”.