A Xunta destaca o valor da interculturalidade da asociación Sustinea

O Pereiro de Aguiar (Ourense), 19 de xullo de 2022

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu hoxe ao Intercambio Internacional organizado pola asociación Sustinea, que tivo lugar no Albergue de Ordelles. A actividade contou coa presencia de 27 mozos e mozas procedentes de Ucraína, Francia e España.

 

Pola tarde, desenvolvéronse xogos populares, internacionais e interxeracionais, ademais dunha degustación de pratos de cada país. Así, durante a visita, Cristina Pichel puxo en valor a importancia da interculturalidade así como os aspectos positivos da mesma,  ademais da necesidade de educar en valores de tolerancia e respecto.

Imaxes relacionadas