Lete Lasa felicita a Adi Iglesias, Susana Rodríguez Gacio e Carlos Arévalo na entrega dos Premios Nacionais 2019 e 2020

O secretario xeral para o Deporte asistiu ao Palacio Real de El Pardo á entrega dos premios na que participaron os tres deportistas galegos

Adi Iglesias foi galardoada co Premio Rey Juan Carlos 2019 como deportista feminina polos resultados obtidos e Susana Rodríguez Gacio e Carlos Arévalo recolleron o Premio Nacional do Deporte Extraordinario 2020 a todos os deportistas españois que contribuíron na loita contra a pandemia

Madrid, 18 de xullo de 2022

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acudiu ao Palacio Real de El Pardo na entrega dos Premios Nacionais do Deporte 2019 e 2020 e que contou coa participación de tres deportistas galegos.

A atleta paralímpica Adi Iglesias foi galardoada co Premio Rei Xoan Carlos 2019 que recoñece ao deportista masculino ou feminino que, polos resultados obtidos durante o ano supuxesen a revelación máis significativa do panorama deportivo, despois de que en 2019 lograse dúas medallas de prata nos Mundiais de atletismo adaptado.

Por outra banda, a médica e triatleta paralímpica Susana Rodríguez, e o piragüista e Garda Civil Carlos Arévalo recolleron o Premio Nacional do Deporte Extraordinario 2020, en representación de todos e todas as deportistas españois que contribuíron á loita contra a pandemia.

 

 

Imaxes relacionadas