A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 8,30 h. de hoxe

Segue decretada a Situación 2 como medida preventiva no incendio rexistrado no concello lugués da Pobra do Brollón, parroquia de Saa, que afecta unhas 600 ha

Segue activo un segundo lume na mesma parroquia de Saa da Pobra do Brollón, que rolda as 50 hectáreas provisionais

Permanece tamén decretada a Situación 2 como medida preventiva no lume do municipio lugués de Folgoso do Courel, parroquia de Seceda, que afecta unhas 1.100 hectáreas de superficie provisional

Tamén continúa decretada a Situación 2 como medida preventiva no incendio do mesmo concello de Folgoso do Courel, parroquia de Vilamor, que afecta unhas 300 ha

Permanece activo outro lume rexistrado tamén no municipio de Folgoso do Courel, parroquia de Vilamor, que afecta unha superficie estimada de 500 hectáreas

Continúa activo o lume da localidade lucense de Quiroga, parroquia homónima, que rolda as 90 hectáreas de superficie afectada

Controlado outro incendio en Quiroga, parroquia de Outeiro, que afecta unhas 250 ha

Controlado tamén o terceiro incendio de Quiroga, parroquia de Nocedo, que -segundo as últimas medicións sobre o terreo- rolda as 15 hectáreas afectadas

Segue activo o incendio do concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Pradoalbar, que afecta unhas 160 hectáreas do parque natural do Invernadeiro

Estabilizado o lume do municipio ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Riodolas, que afecta unhas 1.100 hectáreas de superficie

Segue controlado o incendio da localidade pontevedresa de Rodeiro, parroquia de Guillar, que rolda as 200 hectáreas de afectación provisional

Cómpre sinalar que a gran maioría dos lumes rexistrados entre o xoves e o venres foron producidos por raios, dadas as treboadas que houbo na nosa comunidade

Polo demais, quedou extinguido o incendio rexistrado o martes no concello ourensán de Melón, parroquia de Quins, con 63,6 hectáreas afectadas

Segue controlado o lume que se iniciou o luns na localidade ourensá de Ribadavia, parroquia homónima, que afecta arredor de 65 hectáreas de superficie
 

 

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2022.- A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ata as 8,30 h. de hoxe.

 

A Pobra do Brollón

Segue decretada como medida preventiva a Situación 2 no incendio forestal do concello lugués da Pobra do Brollón, parroquia de Saa. O incendio permanece activo desde as 20,37 h. do xoves e afecta unha superficie provisional de 600 hectáreas. Ata o de agora téñense mobilizado para o seu control 3 técnicos, 19 axentes, 29 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 3 helicópteros e 4 avións.  

 

Segue activo desde as 21,14 h. do xoves outro incendio na Pobra do Brollón, tamén na parroquia de Saa, que segundo as últimas estimacións rolda as 50 hectáreas provisionais. No seu control levan traballado 1 axente, 1 brigada, 1 motobomba e 1 helicóptero.  

 

Folgoso do Courel

Segue decretada como medida preventiva a Situación 2 no incendio forestal activo no concello lugués de Folgoso do Courel, parroquia de Seceda. Este lume iniciouse á 1,40 h. do venres e, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 1.100 hectáreas provisionais. No lugar levan traballado un total de 16 axentes, 24 brigadas, 10 motobombas, 6 avións e 4 helicópteros. Neste lume está participando a Unidade Militar de Emerxencias (UME), que despregou efectivos na zona.

 

Continúa decretada como medida preventiva a Situación 2 no incendio forestal activo arestora tamén en Folgoso do Courel, parroquia de Vilamor. Este lume iniciouse ás 20,42 h. do xoves e, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 300 hectáreas provisionais. Ata o de agora desprazáronse á zona 6 técnicos, 18 axentes, 29 brigadas, 18 motobombas, 1 pa, 5 avións e 3 helicópteros.  

 

Permanece tamén activo o outro lume de Folgoso do Courel, parroquia de Vilamor, que comezaba o xoves ás 20,25 h. da tarde. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 500 hectáreas provisionais. No seu control traballaron ata o momento 1 técnico, 18 axentes, 24 brigadas, 19 motobombas, 1 pa, 1 unidade técnica de apoio, 6 avións e 6 helicópteros.

 

Quiroga

Continúa activo o incendio forestal da localidade lucense de Quiroga, parroquia de Quiroga, que se iniciou ás 12,42 h. do venres e afecta unhas 90 hectáreas provisionais. Para o seu control mobilizáronse ata o momento 1 técnico, 8 axentes, 20 brigadas, 13 motobombas, 2 avións e 3 helicópteros.

 

Controlado ás 22,25 h. de onte o incendio que se orixinara o xoves ás 20,29 h. tamén en Quiroga, parroquia de Outeiro. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 250 hectáreas provisionais. Para o seu control lévanse mobilizado 2 técnicos, 16 axentes, 16 brigadas, 13 motobombas, 2 pas, 4 avións e 4 helicópteros.

 

Controlado ás 23,53 h. de onte outro lume en Quiroga, parroquia de Nocedo, que -segundo as últimas medicións sobre o terreo- rolda as 15 hectáreas provisionais. Ata o momento levan traballado nel 1 técnico, 8 axentes, 9 brigadas, 7 motobombas e 3 helicópteros.

 

Vilariño de Conso

Segue activo desde as 6,57 h. do venres o incendio do concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Pradoalbar. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 160 hectáreas provisionais dentro do parque natural do Invernadeiro. No seu control traballaron ata o de agora 1 técnico, 8 axentes, 26 brigadas, 8 motobombas, 2 pas, 2 avións e 7 helicópteros.

 

Carballeda de Valdeorras

Estabilizado ás 00,40 h. desta madrugada o incendio da localidade ourensá de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Riodolas, que afecta unha superficie estimada de 1.100 hectáreas provisionais. No seu control levan participado en total 5 técnicos, 18 axentes, 46 brigadas, 22 motobombas, 3 pas, 4 avións e 6 helicópteros.

 

Rodeiro

Segue controlado desde as 2,42 h. de onte o lume que estaba activo desde as 20,56 h. do xoves no concello pontevedrés de Rodeiro, parroquia de Guillar. Segundo as últimas estimacións provisionais, rolda as 200 hectáreas provisionais. Ata o momento levan traballado nel 2 técnicos, 14 axentes, 39 brigadas, 24 motobombas, 3 pas e 2 helicópteros.

 
Melón

Extinguido ás 20,34 h. de onte o lume rexistrado no municipio ourensán de Melón, parroquia de Quins, que se orixinara ás 22,38 h. do martes. Segundo as últimas medicións efectuadas, afectou unha superficie de 63,6 hectáreas: 58,6 ha arboradas e 5 ha de monte raso. No seu control participaron en total 22 axentes, 33 brigadas, 30 motobombas, 4 pas, 3 avións e 6 helicópteros.

 

Ribadavia

Continúa controlado desde as 18,25 h. de onte o lume rexistrado no concello de Ribadavia, parroquia de Ribadavia, que comezou ás 22,11 h. do luns. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 65 hectáreas. Para a extinción deste lume lévanse mobilizado 2 técnicos, 34 axentes, 64 brigadas, 46 motobombas, 4 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 5 avións e 9 helicópteros.  

 
 
 
 

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural