A Consellería de Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 8,00 h. de hoxe

Segue decretada a Situación 2 como medida preventiva no incendio rexistrado no concello lugués da Pobra do Brollón, parroquia de Saa, que afecta unhas 550 hectáreas

Permanece tamén decretada a Situación 2 como medida preventiva no lume do municipio lugués de Folgoso do Courel, parroquia de Seceda, que afecta unhas 700 ha

Tamén continúa decretada a Situación 2 como medida preventiva no incendio do mesmo concello de Folgoso do Courel, parroquia de Vilamor, que afecta unhas 300 ha

Permanece activo outro lume rexistrado tamén no municipio de Folgoso do Courel, parroquia de Vilamor, que afecta unha superficie estimada de 250 hectáreas

Permanece activo o incendio da localidade luguesa de Quiroga, parroquia de Outeiro, que afecta unhas 250 hectáreas

Tamén está activo outro incendio no municipio de Quiroga, parroquia de Nocedo, que afecta provisionalmente unhas 180 hectáreas

Continúa activo un terceiro lume en Quiroga, parroquia homónima, que rolda as 90 ha

Segue activo o incendio do concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Pradoalbar, que afecta unhas 95 hectáreas do parque natural do Invernadeiro

Permanece activo o lume do municipio ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Riodolas, que afecta unhas 800 hectáreas de superficie

Controlado o incendio da localidade pontevedresa de Rodeiro, parroquia de Guillar, que rolda as 200 hectáreas de afectación provisional

Extinguido o incendio do concello pontevedrés de Baiona, parroquia de Baredo, que afectou 46 hectáreas de arborado

Cómpre sinalar que a gran maioría dos lumes xa mencionados -rexistrados entre antonte e onte- foron producidos por raios, dadas as treboadas que houbo na nosa comunidade

Polo demais, continúa controlado o incendio rexistrado o martes no concello ourensán de Melón, parroquia de Quins, cunhas 50 hectáreas afectadas

Segue estabilizado o lume que se iniciou o luns na localidade ourensá de Ribadavia, parroquia homónima, que afecta arredor de 65 hectáreas de superficie
 

 

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2022.- A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ata as 8,00 h. de hoxe.

 

A Pobra do Brollón

Segue decretada como medida preventiva a Situación 2 no incendio forestal do concello lugués da Pobra do Brollón, parroquia de Saa. O incendio permanece activo desde as 20,37 h. do xoves e afecta unha superficie provisional de 550 hectáreas. Ata o de agora téñense mobilizado para o seu control 2 técnicos, 9 axentes, 18 brigadas, 8 motobombas, 1 pa, 2 helicópteros e 4 avións.  

 
Folgoso do Courel

Segue decretada como medida preventiva a Situación 2 no incendio forestal activo no concello lugués de Folgoso do Courel, parroquia de Seceda. Este lume iniciouse á 1,40 h. de onte e, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 700 hectáreas provisionais. No lugar levan traballado un total de 8 axentes, 14 brigadas, 4 motobombas, 2 avións e 2 helicópteros. Neste lume está participando a Unidade Militar de Emerxencias (UME), que despregou efectivos na zona.

 

Continúa decretada como medida preventiva a Situación 2 no incendio forestal activo arestora tamén en Folgoso do Courel, parroquia de Vilamor. Este lume iniciouse ás 20,42 h. do xoves e, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 300 hectáreas provisionais. Ata o de agora desprazáronse á zona 3 técnicos, 10 axentes, 19 brigadas, 11 motobombas, 2 avións e 3 helicópteros.  

 

Permanece tamén activo o outro lume de Folgoso do Courel, parroquia de Vilamor, que comezaba o xoves ás 20,25 h. da tarde. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 250 hectáreas provisionais. No seu control traballaron ata o momento 14 axentes, 15 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 1 unidade técnica de apoio, 6 avións e 4 helicópteros.

 

Quiroga

Permanece activo desde as 20,29 h. do xoves o incendio no concello lucense de Quiroga, parroquia de Outeiro, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 250 hectáreas provisionais. Para o seu control lévanse mobilizado 2 técnicos, 12 axentes, 11 brigadas, 11 motobombas, 1 pa e 4 avións.

 

Segue activo desde as 11,42 h. de onte outro lume en Quiroga, parroquia de Nocedo, que rolda as 180 hectáreas provisionais. Ata o momento levan traballado nel 2 axentes, 4 brigadas, 2 motobombas e 2 helicópteros.

 

Continúa activo un terceiro incendio forestal en Quiroga, parroquia de Quiroga, que se iniciou ás 12,42 h. de onte e afecta unhas 90 hectáreas provisionais. Para o seu control mobilizáronse ata o momento 2 axentes, 10 brigadas, 6 motobombas e 2 avións.

 

Vilariño de Conso

Segue activo, desde as 6,57 h. de onte, o incendio do concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Pradoalbar. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 95 hectáreas provisionais dentro do parque natural do Invernadeiro. No seu control traballaron ata o de agora 1 técnico, 3 axentes, 16 brigadas, 4 motobombas, 2 pas, 2 avións e 5 helicópteros.

 

Carballeda de Valdeorras

Permanece activo desde as 22,09 h. do xoves o incendio da localidade ourensá de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Riodolas, que afecta unha superficie estimada de 800 hectáreas provisionais. No seu control levan participado en total 3 técnicos, 10 axentes, 26 brigadas, 15 motobombas, 3 pas, 2 avións e 3 helicópteros.

 

Rodeiro

Controlado ás 2,42 h. da madrugada o lume que estaba activo desde as 20,56 h. do xoves no concello pontevedrés de Rodeiro, parroquia de Guillar. Segundo as últimas estimacións provisionais, rolda as 200 hectáreas provisionais. Ata o momento levan traballado nel 2 técnicos, 9 axentes, 25 brigadas, 16 motobombas, 3 pas e 2 helicópteros.

 

Baiona

Extinguido ás 00,53 h. da madrugada o lume do concello pontevedrés de Baiona, parroquia de Baredo, que se orixinara ás 00,39 h. de onte. Segundo as últimas medicións efectuadas, afectou unha superficie de 46 hectáreas arboradas. No seu control traballaron en total 1 técnico, 5 axentes, 13 brigadas, 10 motobombas e 1 pa.

 

Melón

Continúa controlado desde as 19,34 h. de onte o lume rexistrado no municipio ourensán de Melón, parroquia de Quins, que se orixinou ás 22,38 h. do martes. Segundo as últimas medicións, afecta unha superficie provisional dunhas 50 hectáreas. No seu control participaron ata o de agora 20 axentes, 31 brigadas, 27 motobombas, 4 pas, 6 helicópteros e 3 avións.

 

Ribadavia

Permanece estabilizado desde as 14,29 h. do xoves o lume rexistrado no concello de Ribadavia, parroquia de Ribadavia, que comezara ás 22,11 h. do luns. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 65 hectáreas. Para a extinción deste lume lévanse mobilizado 2 técnicos, 30 axentes, 61 brigadas, 44 motobombas, 4 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 9 helicópteros e 5 avións.  

 
 

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085

Departamento:
C. do Medio Rural