A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,45 h. de hoxe

Decretada a Situación 2 como medida preventiva no incendio rexistrado no concello lugués da Pobra do Brollón, parroquia de Saa, que afecta unhas 500 hectáreas

Segue decretada a Situación 2 como medida preventiva no lume do municipio lucense de Folgoso do Courel, parroquia de Seceda, que afecta unhas 700 ha
Tamén continúa decretada a Situación 2 como medida preventiva no incendio do mesmo concello de Folgoso do Courel, parroquia de Vilamor, que afecta unhas 300 ha
 

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2022.-

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ata as 19,45 h. de hoxe.

 

A Pobra do Brollón

Decretada como medida preventiva a Situación 2 no incendio forestal do concello lugués da Pobra do Brollón, parroquia de Saa. O incendio permanece activo desde as 20,37 h. de onte e afecta unha superficie provisional de 500 hectáreas. Ata o de agora téñense mobilizado para o seu control 2 técnicos, 4 axentes, 9 brigadas, 6 motobombas, 1 pa, 2 helicópteros e 4 avións.  

 

Folgoso do Courel

Segue decretada como medida preventiva a Situación 2 no incendio forestal activo no concello lugués de Folgoso do Courel, parroquia de Seceda. Este lume iniciouse á 1,40 h. desta madrugada. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 700 hectáreas. No lugar levan traballado un total de 6 axentes, 9 brigadas, 3 motobombas, 2 avións e 1 helicóptero. Neste lume está participando a Unidade Militar de Emerxencias (UME), que despregou efectivos na zona.

 

Continúa decretada como medida preventiva a Situación 2 no incendio forestal activo arestora tamén en Folgoso do Courel, parroquia de Vilamor. Este lume iniciouse ás 20,42 h. de onte. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 300 hectáreas. Ata o de agora desprazáronse á zona 8 axentes, 13 brigadas, 9 motobombas, 2 avións e 3 helicópteros.  

 

Permanece tamén activo o outro lume de Folgoso do Courel, parroquia de Vilamor, que comezaba onte ás 20,25 h. da tarde. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 250 hectáreas. No seu control traballaron ata o momento 9 axentes, 9 brigadas, 6 motobombas, 1 pa, 1 unidade técnica de apoio, 6 avións e 4 helicópteros.

 

Quiroga

Permanece activo desde as 20,29 h. de onte o incendio no concello lucense de Quiroga, parroquia de Outeiro, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 200 hectáreas. Para o seu control lévanse mobilizado 1 técnico, 8 axentes, 7 brigadas, 7 motobombas, 1 pa e 2 avións.

 

Activo desde as 11,42 h. desta mañá outro lume en Quiroga, parroquia de Nocedo, que rolda as 180 hectáreas. Ata o momento levan traballado nel 1 axente, 2 brigadas e 1 motobomba e 2 helicópteros.

 

Activo un terceiro incendio forestal en Quiroga, parroquia de Quiroga, que se iniciou ás 12,42 h. de hoxe afecta unhas 70 hectáreas provisionais. Para o seu control mobilizáronse ata o momento 2 axentes, 6 brigadas, 3 motobombas e 2 avións.

 

Vilariño de Conso

Segue activo, desde as 6,57 h. desta mañanciña, outro incendio no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Pradoalbar. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 40 hectáreas dentro do parque natural do Invernadeiro. No seu control traballaron ata o de agora 2 axentes, 9 brigadas, 3 motobombas, 1 pa, 2 avións e 5 helicópteros.

 

Carballeda de Valdeorras

Permanece activo desde as 22,09 h. de onte o incendio na localidade ourensá de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Riodolas, que afecta unha superficie estimada de 400 hectáreas. No seu control levan participado en total 3 técnicos, 7 axentes, 19 brigadas, 10 motobombas, 2 pas, 1 avión e 3 helicópteros.

 

Rodeiro

Activo desde as 20,56 h. de onte un incendio no concello pontevedrés de Rodeiro, parroquia de Guillar, que rolda as 200 hectáreas. Ata o momento levan traballado nel 2 técnicos, 5 axentes, 18 brigadas, 10 motobombas, 3 pas e 2 helicópteros.

 

Baiona

Estabilizado ás 17,11 h. desta tarde o lume do concello pontevedrés de Baiona, parroquia de Baredo, que se orixinara ás 00,39 h. desta madrugada. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 40 hectáreas. No seu control levan traballado en total 1 técnico, 4 axentes, 13 brigadas, 10 motobombas e 1 pa.

 

Cualedro

Controlado ás 17,27 h. desta tarde o lume do concello ourensán de Cualedro, parroquia da Xironda, que comezara ás 19,03 h. de onte. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 40 hectáreas. No lugar levan traballado ata o de agora 5 axentes, 13 brigadas, 6 motobombas, 1 pa, 1 avión e 5 helicópteros. 

 

Melón

Controlado ás 19,34 h. desta tarde o lume rexistrado no municipio ourensán de Melón, parroquia de Quins, que se orixinou ás 22,38 h. do martes. Segundo as últimas medicións, afecta unha superficie provisional dunhas 50 hectáreas. No seu control participaron ata o de agora 19 axentes, 30 brigadas, 25 motobombas, 4 pas, 6 helicópteros e 3 avións.

 

Ribadavia

Tamén permanece estabilizado desde as 14,29 h. de onte o lume rexistrado no concello de Ribadavia, parroquia de Ribadavia, que comezara ás 22,11 h. do luns. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 65 hectáreas. Para a extinción deste lume lévanse mobilizado 2 técnicos, 28 axentes, 59 brigadas, 42 motobombas, 4 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 9 helicópteros e 5 avións.  

 
 

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural