Solicitada como medida preventiva a situación 2 no incendio forestal activo no municipio lugués da Pobra do Brollón, parroquia de Saa

Esta situación operativa decrétase pola proximidade do lume -que afecta provisionalmente unhas 65 hectáreas- ao núcleo do Busto

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2022

A Consellería do Medio Rural vén de solicitar como medida preventiva a Situación 2 no incendio forestal activo arestora no concello lugués da Pobra do Brollón, parroquia de Saa. Esta situación operativa de emerxencia declárase pola proximidade do lume ao núcleo do Busto.  

 

Este incendio forestal permanece activo desde as 20,37 h. de onte e afecta unha superficie provisional de 65 hectáreas. Ata o de agora téñense mobilizado para o seu control 2 técnicos, 3 axentes, 9 brigadas, 6 motobombas, 1 pa e 2 helicópteros, e van en camiño máis medios aéreos.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural