Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 8 horas de hoxe

Activo un lume no concello de Folgoso do Courel, parroquia de Vilamor, que afecta unha superficie estimada de 92 hectáreas
 

Activo outro lume no concello do Folgoso do Courel, parroquia de Seceda, que afecta unhas 30 hectáreas de superficie
 

Activo un incendio no concello de Quiroga, parroquia de Outeiro, que afecta unha superficie de 60 hectáreas
 

Activo un lume no concello de Pobra do Brollón, parroquia de Saa, que afecta unha superficie dunhas 20 hectáreas
 

Activo un lume no municipio de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Riodolas, que afecta 184 hectáreas de superficie
 

Activo un incendio no concello de Baiona, parroquia de Baredo, que afecta 27 hectáreas de superficie
 

Estabilizado un lume no concello de Cualedro, parroquia da Xironda, que afecta 30 hectáreas
 

Todos os lumes anteriormente citados foron orixinados por raio, dadas as treboadas que houbo onte na nosa Comunidade
 

Permanece estabilizado o incendio rexistrado no concello de Melón, parroquia de Quins, con 50 hectáreas afectadas
 

Tamén segue estabilizado o lume de Ribadavia, parroquia homónima, que afecta arredor de 65 hectáreas de superficie
 

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2022

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ata as 08,00 h. de hoxe.

Folgoso do Courel
Activo desde as 20,25 h. de onte un lume no concello de Folgoso do Courel, parroquia de Vilamor, que afecta unhas 92 hectáreas de superficie. No seu control traballan 7 axentes, 7 brigadas, 6 motobombas, 1 pa e 1 unidade técnica de apoio.

Tamén está activo outro lume no concello de Folgoso do Courel, parroquia de Seceda, que se iniciou á 1,40 h. da madrugada. Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie de 30 hectáreas. No lugar están traballando 1 axente e 1 brigada.

Quiroga
Activo desde as 20,29 h. de onte un incendio no concello de Quiroga, parroquia de Outeiro, que segundo as primeiras estimacións afecta unha superficie de 60 hectáreas. No seu control están traballando 1 técnico, 5 axentes, 5 brigadas, 4 motobombas e 1 pa.

Pobra do Brollón
Activo desde as 20,37 h. de onte un lume no concello de Quiroga, parroquia de Saa, que afecta unha superficie provisional de 20 hectáreas. Están traballando no seu control 2 técnicos, 2 axentes, 7 brigadas, 6 motobombas e 1 pa.

Carballeda de Valdeorras
Activo desde as 22,09 h. de onte un incendio en Carballeda de Valdeorras, parroquia de Riodolas, que afecta unha superficie estimada de 184 hectáreas. No seu control participan 1 técnico, 3 axentes, 11 brigadas, 7 motobombas e 1 pa.

Baiona
Activo un lume no concello de Baiona, parroquia de Baredo, desde as 00,39 h. desta madrugada. Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie de 27 hectáreas. No seu control traballan 1 técnico, 2 axentes, 7 brigadas e 6 motobombas.

Cualedro
Estabilizado desde as 3,45 h. da madrugada un lume no concello de Cualedro, parroquia da Xironda, tras comezar ás 19,03 h. de onte. Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie de 30 hectáreas. No lugar levan traballado ata o de agora 3 axentes, 9 brigadas, 4 motobombas, 1 pa, 1 avión e 5 helicópteros.

Melón
Permanece estabilizado desde as 14,29 h. de onte o lume rexistrado no concello de Melón, parroquia de Quins, que se orixinou ás 22,38 h. do martes. Segundo as últimas medicións, afecta unha superficie provisional dunhas 50 hectáreas. No seu control participan 17 axentes, 28 brigadas, 23 motobombas, 3 pas, 6 helicópteros e 3 avións.

Ribadavia
Tamén permanece estabilizado desde as 14,29 h. de onte o lume rexistrado no concello de Ribadavia, parroquia de Ribadavia, que comezara ás 22,11 h. do luns. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 65 hectáreas. Para a extinción deste lume lévanse mobilizado 2 técnicos, 26 axentes, 57 brigadas, 41 motobombas, 4 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 9 helicópteros e 5 avións.


A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
 

Departamento:
C. do Medio Rural