A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe

 Quedou estabilizado o incendio rexistrado no concello de Melón, parroquia de Quins, con 50 hectáreas afectadas


Estabilizado tamén o lume de Ribadavia, parroquia homónima, que afecta arredor de 65 hectáreas de superficie
 

 

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2022  A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe.

 
Melón-Quins

O lume rexistrado no concello de Melón, parroquia de Quins, que se orixinou ás 22,38 h. do martes, quedou estabilizado ás 14,29 h. de hoxe. Segundo as últimas medicións, afecta unha superficie provisional dunhas 50 hectáreas. No seu control participan 16 axentes, 25 brigadas, 21 motobombas, 3 pas, 6 helicópteros e 3 avións.

 
Ribadavia-Ribadavia

O incendio rexistrado no concello de Ribadavia, parroquia homónima, comezou ás 22,11 h. do luns e quedou tamén estabilizado hoxe ás 14,29 h. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 65 hectáreas. Para a extinción deste lume lévanse mobilizado 2 técnicos, 25 axentes, 57 brigadas, 38 motobombas, 4 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 9 helicópteros e 5 avións.  

 
 

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural