A Xunta recibe aos participantes no Camiño de Santiago promovido pola asociación Alborada de loita contra a droga

 

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2022 O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, recibiu esta mañá nunha xuntanza de traballo a representantes da Asociación Cidadá de Loita contra a Droga Alborada, que veñen de rematar o camiño de Santiago dende Tui. Trátase de participantes no proxecto Verdear, que promove a cultura ecolóxica e o coidado do medio ambiente a través dunha horta comunitaria.

 

Durante a xuntanza, o director xeral recolleu as peticións da entidade viguesa e coñeceu os seus proxectos cos que procuran ofrecen actividades ocupacionais ás persoas con adiccións. Arturo Parrado recoñeceu a importancia destas alternativas para procurar unha vida máis autónoma e inclusiva das persoas drogodependentes. Así mesmo, conversou cos camiñantes para recoller os beneficios e as experiencias persoais que lle deportou o Camiño.