A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos forestais ata as 13,00h. de hoxe

Extinguido un dos incendios rexistrado no concello de Melón, parroquia de Quins, con 35 hectáreas afectadas

Segue activo o outro incendio en Melón, tamén na parroquia de Quins, que afecta unhas 50 ha

Permanece activo tamén o lume de Ribadavia, parroquia homónima, que afecta arredor de 65 hectáreas de superficie

 

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2022

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ata as 13,00 h. de hoxe.

Melón-Quins

O primeiro lume rexistrado no concello de Melón, parroquia de Quins, que se orixinara ás 22,30 do luns, quedou extinguido ás 12,18 horas de hoxe. Segundo as últimas medicións, a superficie afectada foi de 35 hectáreas, das cales 17 ha foron arboradas e 18 ha en monte raso. Na súa extinción participaron 6 axentes, 12 brigadas, 9 motobombas e 1 helicóptero.

Ademais, o segundo lume rexistrado no mesmo lugar, que se orixinou ás 22,38 h. do martes, permanece activo. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 50 hectáreas. No seu control participan 15 axentes, 21 brigadas, 17 motobombas, 2 pas, 6 helicópteros e 3 avións.

Ribadavia-Ribadavia

O incendio rexistrado no concello de Ribadavia, parroquia homónima, comezou ás 22,11 h. do luns e tamén segue activo. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 65 hectáreas. No control deste lume levan traballado 2 técnicos, 23 axentes, 51 brigadas, 37 motobombas, 4 pas, 2 unidade técnica de apoio, 9 helicópteros e 5 avións.  

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural