A Xunta respaldará con preto de 240.000 € os Centros de información á muller, servizos de conciliación e accións de Igualdade en once concellos de Ferrolterra

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, deron conta da resolución do programa autonómico que permitirá a concellos, consorcios ou mancomunidades poñer en marcha actuacións contra a violencia de xénero ou para facilitar a corresponsabilidade, entre outros

A maior contía, 181.500 euros, irán destinada a apoiar os mantemento dos catro Centro de Información á Muller situados en Ferrol, As Pontes, Ares e Ortigueira
 

Ferrol, 14 de xullo de 2022.-

A Xunta de Galicia investirá preto de 240.000 euros nas axudas dirixidas a programas de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero, servizos de conciliación e centros de información á muller en 11 municipios de Ferrolterra. A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, deron conta hoxe da resolución destas axudas da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

 

Os apoios inclúen financiamento para tres tipos de programas. O de maior contía, 181.506,39 euros, é o destinado a apoiar o mantemento dos catro Centros de Información á Muller (CIM) da comarca. Deste xeito, o Goberno galego contribúe a financiar os postos de traballo de dirección, asesoramento xurídico e atención psicolóxica das instalacións situadas en Ferrol, As Pontes, Ares e Ortigueira -este último presta servizo agrupado cos concellos de Cariño, Cedeira, Cerdido e Mañón-.

 

Ademais a secretaria xeral explicou que o programa de fomento da igualdade entre homes e mulleres e prevención e tratamento da violencia de xénero beneficiará a dous municipios da zona (As Pontes e Cabanas) por un importe de 8.461,63 euros mentras que o de fomento da conciliación, cunha aportación global de 47.436,6 euros, a outros cinco -Cabanas, Cariño, Mugardos, Ortigueira e Valdoviño-.

 

Martina Aneiros pola súa banda lembrou que, como novidade desta convocatoria, a Xunta concede anticipos destas axudas de ata o 80%, fronte ao 75% fixado na pasada edición.

 

A Xunta leva investidos nestes programas cos que apoia o labor das entidades locais de Galicia para a promoción da igualdade, fomento da conciliación e a loita contra a violencia de xénero máis de 64 millóns de euros desde 2009 ata o de agora, incluída a convocatoria deste ano.

 
 
DISTRIBUCIÓN DAS AXUDAS POR PROGRAMA E CONCELLOS
 

a)      Programa de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar

 
CONCELLO

IMPORTE CONCEDIDO

Cabanas
4.160,00
Cariño
16.531,00
Mugardos
8.265,60
Ortigueira
6.960,00
Valdoviño
11.520,00
TOTAL

47.436,60 €

 
 

b)      Programa de promoción da igualdade e de prevención e tratamento da violencia de xénero

 
CONCELLO

IMPORTE CONCEDIDO

As Pontes
2.575,63
Cabanas
5.886,00
TOTAL

8.461,63 €

 
 

c)       Programa de apoio aos centros de información ás mulleres

 
CONCELLO

CONCELLOS AGRUPADOS

IMPORTE CONCEDIDO

As Pontes
 
35.306,39
Ares
 
41.200,00
Ferrol
 
45.000,00
Ortigueira

Cariño, Cedeira, Cerdido e Mañón

60.000,00
TOTAL
 

181.506,39 €

 

Imaxes relacionadas