Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 8 horas de hoxe

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2022

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ata as 08,00 h. de hoxe.

 
Melón-Quins

O primeiro lume rexistrado no concello de Melón, parroquia de Quins, orixinouse ás 22,30 do luns e permanece activo arestora. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 35 hectáreas. No seu control participan 6 axentes, 12 brigadas, 9 motobombas e 1 helicóptero.

 

Ademais, rexistrouse un segundo lume no mesmo lugar que se orixinou ás 22,38 h. do martes e tamén permanece activo. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 50 hectáreas. No seu control participan 12 axentes, 18 brigadas, 14 motobombas, 2 pas, 6 helicópteros e 3 avións.

 
Ribadavia-Ribadavia

O incendio rexistrado no concello de Ribadavia, parroquia homónima, comezou ás 22,11 h. do luns e tamén segue activo. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 65 hectáreas. No control deste lume levan traballado 2 técnicos, 21 axentes, 48 brigadas, 34 motobombas, 4 pas, 1 unidade técnica de apoio, 9 helicópteros e 5 avións.  

 

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural