A Xunta destaca o valor educativo e inclusivo das actividades de Aspanas

Maceda (Ourense), 13 de xullo de 2022.-

O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, acompañou esta mañá a usuarios da Asociación de Pais en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Ourense (Aspanas) na 1ª International Cooking Show, celebrada no Castelo de Maceda. Trátase dunha actividade semanal na que un pequeno grupo de participantes cociña distintos tipos de pratos, nesta ocasión da cociña internacional.

 

Durante a visita, Fernando González Abeijón destacou o valor inclusivo, ocupacional e educativo desta actividade. Neste senso, agradeceu a Aspanas o seu traballo pola integración e puxo en valor a colaboración institucional coas entidades do terceiro sector para seguir avanzando na plena integración.

Imaxes relacionadas