A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,00 h. de hoxe

Activo dous incendios no concello de Melón, parroquia de Quins. Un afecta unha superficie provisional dunhas 20 hectáreas e o outro a unha superficie provisional dunhas 35 hectáreas

Permanece activo o lume de Ribadavia, parroquia homónima, que afecta arredor de 50 hectáreas de superficie

Controlado un lume rexistrado no municipio de Palas de Rei, parroquia de Cuíña, que afecta unha superficie de 22 hectáreas
 

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2022.-

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ata as 13,00 h. de hoxe.

 

Melón-Quins

O lume rexistrado no concello de Melón, parroquia de Quins, orixinouse ás 22,30 h. da noite do luns e permanece activo arestora. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 20 hectáreas. No seu control participan 5 axentes, 10 brigadas, 9 motobombas e 1 helicóptero.

 

Ademais, rexistrouse un segundo lume no mesmo lugar que se orixinou ás 22,38 h. da noite do martes e permanece activo arestora. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 35 hectáreas. No seu control participan 9 axentes, 14 brigadas, 11 motobombas, 2 pas, 5 helicópteros e 3 avións.

 

Ribadavia-Ribadavia

O incendio rexistrado no concello de Ribadavia, parroquia homónima, comezou ás 22,11 h. da noite do luns e permanece activo arestora. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 50 hectáreas. No control deste lume levan traballado 1 técnico, 12 axentes, 32 brigadas, 21 motobombas, 3 pas, 1 unidade técnica de apoio, 6 helicópteros e 5 avións.  

 

Palas de Rei-Cuíña

O lume iniciado ás 21,06 h. de onte no concello de Palas de Rei, parroquia de Cuíña, xa está controlado desde as 2,21 h. desta madrugada. Este incendio comezou en tres focos, o que todo indica a que foi intencionado. Segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 22 hectáreas. No seu control participan 1 técnico, 5 axentes, 13 brigadas, 9 motobombas, 1 tractor cisterna, 2 pas e 1 helicóptero.

 

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural