A Xunta resalta o constante crecemento produtivo do sector vitivinícola galego

José González puxo en valor a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia, coa que a Xunta reafirma o seu compromiso e propósito de continuar crecendo

Paderne (A Coruña), 12 de xullo de 2022

O conselleiro do Medio Rural, José González, clausurou hoxe a Xornada e Túnel do Viño na IXP Terra de Betanzos, onde reivindicou o constante crecemento produtivo do sector vitivinícola galego, antecedente do compromiso da Xunta por potenciar este crecemento de xeito consciente, en superficie e vendas.

 

Do mesmo xeito, o titular de Medio Rural destacou o labor das indicacións xeográficas protexidas, xunto coas denominacións de orixe, no camiño de amparar a produción, a promoción e a comercialización deste produtos de excelente calidade. Un feito que, ademais, proxecta un orgullo implícito de producir no noso territorio e que permite consolidar Galicia como referente internacional de viños de calidade e como principal destino enoturístico.

 

Neste senso, o conselleiro subliñou que esta mesma premisa ampara a suma de esforzos que daba lugar á posta en marcha da Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia coa que, mediante unha planificación a medio e longo prazo, a Xunta estase a involucrar de cheo para continuar crecendo.

 

Así mesmo, González destacou tamén a importancia das ferramentas que proporciona a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, xa que permitirán continuar aumentando a superficie de viñedo no noso territorio.

Imaxes relacionadas