Trenor clausura os obradoiros de Santiago e Ames e anima os seus alumnos a aproveitar estes nove meses de formación para atopar un emprego

O delegado da Xunta destacou que na área de Santiago se impartiron 10 obradoiros nos que se cualificaron a84 desempregados en ámbitos con gran demanda de emprego

O representante do Goberno galego subliñou que os programas formativos da Xunta están orientados a cubrir as demandas reais das empresas das contornas, o que permite unha posterior integración laboral máis alta

Santiago (A Coruña), 12 de xullo de 2022

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou, esta mañá, na clausura dos obradoiros de emprego de Santiago de Compostela e de Ames. Estes programas contaron cun apoio da Xunta de 692.000 euros financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

 

Trenor explicou a gran utilidade deste tipo de formación porque, ademáis de mellorar as capacidades para que os desempregados atopen un emprego, complementase con traballos nos concellos e con prácticas nas empresas da contorna.

 

Trenor destacou o compromiso dos concellos de Santiago de Compostela e de Ames e Brión coa empregabilidade porque levan anos de traxectoria de formación contrastada nesta materia e conseguen importantes niveis de éxito nos diferentes programas de formación que afrontan.

 

O delegado da Xunta apuntou que “unha das apostas máis importantes da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade son os programas formativos que, cada vez máis, están orientados a cubrir as demandas reais das empresas das contornas, o que permite unha posterior integración laboral máis alta”. Ademais, engadiu que “outra das apostas importantes é complementar a formación con prácticas en empresas para garantir unha inserción real e duradeira no tempo”.

 

Trenor destacou que na comarca de Santiago  estanse a desenvolver 10 obradoiros de emprego, para os que a Xunta reserva 3,5  millóns de euros para mellorar a formación de 184 desempregados. Concretamente, en Santiago de Compostela impartiuse o taller de emprego de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas e de confección e publicación de páxinas web e en Ames, compartido con Brión, formaronse aos alumnos en montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas.

 

Entre outras accións máis importantes da Xunta, que tamén se desenvolven na contorna desta comarca, destacan as Accións Formativas para Desempregados (AFD), que este ano contan con 79 cursos nesta área e cun investimento de máis de 2,8 millóns de euros para formar a 1.185 alumnos e os  sete PIE, (Programas Integrados de Emprego) nos que se están a formar a 700 persoas desempregadas cun investimento de máis de 1,1 millóns de euros.

 

Neste senso, Trenor lembrou que en total a Xunta está a investir na comarca de Santiago 7,4 millóns de euros, en 96 programas de formación para axudar a máis de 2.000 desempregados da comarca para facilitarlles a búsqueda dun traballo cando rematen o seu período formativo e as súas prácticas en empresas.

Imaxes relacionadas