A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou hoxe as instalacións para a atención ás persoas con parálise cerebral que a entidade ten no municipio coruñés
A Xunta amplía as prazas públicas no centro de día de Aspace en Sada ata chegar a un total de 43
A estas prazas de atención diúrna súmanse outras 50 residenciais, ás que o Goberno galego destina no seu conxunto máis de dous millóns de euros ao ano
A Xunta de Galicia amplía as prazas públicas que pon a disposición das familias no centro de día que Aspace Coruña ten en Sada, ata chegar a un total de 43. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, fíxoo hoxe este anuncio durante unha visita ás instalacións que ten esta entidade no municipio coruñés para atender a persoas con parálise cerebral.