Galicia rexistra un total de 17.615 casos activos por coronavirus

Un total de 637.573 pacientes xa están curados
 

A día de hoxe hai 16.760 pacientes en seguimento nos seus domicilios
 

O Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar a información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos
 

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2022 A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 17.615 deles 3.549 son da área da Coruña, 2.534 da de Lugo, 2.525 da de Ourense, 1.826 da de Pontevedra, 2.647 da área de Vigo, 3.081 da de Santiago e 1.426 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 30 están en UCI, 825 en unidades de hospitalización e 16.760 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 637.573 persoas curadas, rexistrándose 3.663 falecementos. 

Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:
 
Día 22 de xuño:
Muller de 94 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.
 
Día 3 de xullo:

Home de 84 anos, na área sanitaria de Santiago e Barbanza.

 
Día 6 de xullo:
Home de 83  anos, na área sanitaria de Vigo.
Muller de 85 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.
Home de 94 anos, na área sanitaria de Vigo.
 
Día 7 de xullo:
Home de 78 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.
Home de 77 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.
Muller de 70 anos, na área sanitaria de Vigo.
Home de 85 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.
 
As persoas falecidas tiñan patoloxías previas.
 
O número de PCR realizadas é de 3.944.268.
 

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.701.194.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade permanece en alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. de Sanidade