A Policía Autonómica esclarece un incendio no concello de Coles
Rexistrouse o pasado 5 de xullo na parroquia de Melias e afectou 0,05 hectáreas de superficie rasa
No que vai de ano a Policía Autonómica investigou 29 persoas como presuntas autoras de lumes no monte
A Policía Autonómica vén de esclarecer un incendio no concello de Coles rexistrado o pasado día 5 de xullo no lugar de Casanova, na parroquia de Melias. O lume afectou 0,05 hectáreas de superficie rasa.
No transcurso das investigacións tomóuselle declaración a un varón, presunto autor do incendio, que estaba a realizar traballos de roza nunha parcela. As chispas orixinadas causaron o lume. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Ourense.
Nos traballos de extinción participaron un axente forestal, dúas brigadas e unha motobomba.
No que vai de ano, a Policía Autonómica investigou 29 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.