O conselleiro do Medio Rural e o director xeral de Defensa do Monte mantiveron un encontro con representantes da Federación galega de municipios e provincias

A Xunta e a Fegamp comparten a necesidade de prorrogar o convenio de protección das aldeas ao constatar o seu bo funcionamento desde a sinatura en 2018

Na reunión acordouse crear un grupo de traballo para avanzar na implementación deste acordo, debatendo as melloras necesarias compiladas pola Fegamp nun documento técnico elaborado cos concellos adheridos ao convenio

Canto ao balance, valorouse que no marco deste convenio coa empresa pública Seaga a porcentaxe de superficie xestionada nas faixas secundarias pasase de roldar a metade en 2019 a situarse no 66% na actualidade

Tamén que se incrementasen nun 400% as parcelas contratadas ao abeiro do Sistema público de xestión da biomasa ou que o Goberno galego elaborase xa un total de 259 plans municipais antiincendios dos cales 186 xa están aprobados
 

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. do Medio Rural