Luis Fonsi, James Blunt e Ilegales únense á programación do Xacobeo 21-22 con dous concertos na praza de María Pita

O Goberno galego tamén financia as actuacións de Simple Minds ou LP no marco do Ciclo Xacobeo Importa, ademais dos festivais Atlantic Pride, Morriña Fest, Neox Music Day, Noroeste e Noites do Porto

A programación musical pódese consultar no espazo web www.concertosdoxacobeo.gal

A Coruña, 8 de xullo de 2022

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou, esta mañá, na presentación do programa de festas da cidade da Coruña no que a Xunta de Galicia estará presente en moitos dos seus concertos e nos seus principais festivais.

Trenor destacou que o Goberno autonómico cofinanciará os concertos de James Blunt o 1 de agosto, o de Ilegales o 5 de agosto e o de Luis Fonsi o 15 de agosto no ciclo de eventos musicais na praza de María Pita co obxectivo de promover a celebración deste Ano Santo excepcional. Trenor subliñou que coa programación musical do Xacobeo, dispoñible enwww.concertosdoxacobeo.gal, o Goberno galego está a apostar pola celebración de eventos musicais que permitan situar a Galicia no imaxinario colectivo, especialmente no ámbito internacional, promocionando o Camiño e Galicia entre peregrinos e visitantes. 

O representante do Goberno galego destacou que a Xunta de Galicia vai estar presente, entre os meses de xullo e agosto, nos principais concertos e festivais que se celebrarán na cidade. Así, os concertos de Rosalía e Simple Minds e os festivais de Atlantic Pride, Morriña Fest, Neox Music Day e Noroeste reciben cofinanciamento da Xunta o que permitirá contar con arredor de 50 artistas de primeiro nivel. Ademais, xa no mes de outubro, terá lugar o concerto de LP, no marco do Ciclo Xacobeo Importa, e o ciclo de concertos Noites do Porto, que tamén contan co apoio da administración autonómica.

Neste senso, subliñou que investir en cultura e en eventos musicais éinvestir na cidade, polo que destacou o enorme revulsivoque estes concertos suporán para todos os profesionais da cultura e, por extensión ao conxunto da economía na cidade da Coruña.

Trenor, incidiu en que todo este esforzo vai a contribuír a que o Ano Santo sexa un verdadeiro dinamizador e un multiplicador tanto da actividade como do consumo cultural na Coruña”. “Estou convencido de que a cidade terá uns datos de visitantes récord e as aportacións da Xunta será unha das claves dese éxito”. “Calquera evento que se presente baixo o paraugas da marca Xacobeo ten garantido o éxito e agardamos que as propostas que estamos presentando estes días axuden a que os coruñeses volvan a desfrutar dun verano único cheo de boa música, rematou.

Imaxes relacionadas