A Xunta inicia o procedemento de aprobación para o desenvolvemento de oito polígonos agroforestais de iniciativa pública en varios concellos galegos

O DOG publica hoxe os oito acordos da Consellería do Medio Rural que dan lugar ao comezo destes procesos de recuperación de terras nos concellos da Arnoia, Leiro, Riós, Monterrei, Paderne de Allariz, Cerdedo-Cotobade, Crecente e Curtis

O obxectivo prioritario será poñer en produción áreas de terra agroforestal con boa capacidade produtiva que acadaron co paso do tempo estados de abandono ou infrautilización

Estes polígonos constarán dunha superficie de entre 22 e 3.386 hectáreas, e darán uso a unha serie de cultivos que variarán segundo a súa localización

Departamento:
C. do Medio Rural