A Xunta participa na celebración en Vigo dos actos da Festa Nacional do aniversario da Independencia de Arxentina

Santiago de Compostela, 07 de xullo de 2022

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o delegado da Xunta en Arxentina, Alejandro López Dobarro,  participaron hoxe na celebración en Vigo dos actos da Festa Nacional do 206 aniversario da Independencia de Arxentina organizados polo Consulado Xeral da República Arxentina.

 

O acto estivo presidido polo cónsul xeral da Arxentina en Vigo no salón Antonio Palacios do Hotel Bahía, e durante o mesmo, agasallouse aos presentes cun espectáculo no que participaron diversos músicos arxentinos. Rodríguez Miranda agradeceu a invitación a este acto recordando a intenta e importante relación que une a Arxentina e Galicia, xa que se trata do país do mundo con maior número de galegos residentes no exterior, máis de 182.500.

Imaxes relacionadas