A Xunta colabora na programación de actividades para a mocidade do concello de Soutomaior

Soutomaior (Pontevedra), 7 de xullo de 2022

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou esta mañá no acto de presentación da programación para a mocidade do Concello de Soutomaior, coa que a Xunta colabora. As actividades inclúen un salón lúdico e do videoxogo, Videoxogando, e un festival de música, SoutoMareiro, que se desenvolverán entre o venres e o sábado no peirao de Arcade.

 

A directora xeral, que estivo acompañada polo alcalde da localidade, Agustín Reguera, destacou a necesidade de seguir promovendo actividades en sintonía coas paixóns dos máis novos especialmente neste Ano Europeo da Xuventude, efeméride que pon en valor a importancia da mocidade para construír un futuro mellor. Así, subliñou que tanto o salón lúdico e do videoxogo como o festival de música son un paso importante neste sentido.

Imaxes relacionadas