Estabilizado un incendio forestal no concello de Muíños, parroquia de Requiás, que afecta o parque natural do Xurés

Segundo as primeiras estimacións, o lume afecta menos de unha hectárea de superficie

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2022

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal estabilizado arestora no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás.

O lume orixinouse ás 16,30 h. desta tarde e quedou estabilizado ás 16,59 h. Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie de menos de unha hectárea dentro do parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés. No seu control participan 1 axente, 3 brigadas e 1 motobomba.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.