O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, asistiu á gala de celebración organizada polo Consejo Oficial de Enfermería de España

A residencia de maiores Torrente Ballester da Xunta, recoñecida como un dos centros sociosanitarios con mellor equipo de enfermería

O centro público autonómico foi recoñecido polo ranking do Monitor de Reputación Sanitaria (MRS) durante o período 2020/2021, nos momentos máis duros da pande-mia provocada pola covid-19

A clasificación, que barema centros de toda titularidade, realízase en base a unha enquisa a 3000 profesionais de enfermaría de todo o país
 

Madrid, 7 de xullo de 2022.-

A residencia de maiores Torrente Ballester (A Coruña) da Xunta de Galicia foi recoñecida esta mañá como un dos centros sociosanitarios con mellor equipo de enfermería, segundo o ranking do Monitor de Reputación Sanitaria (MRS) e o Consejo General de Enfermería de España. O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, asistiu ao acto de entrega de galardóns, que se celebrou na sede desta entidade, en Madrid.

 

O centro residencial público autonómico foi distinguido por esta clasificación, que se confecciona a través dunha enquisa feita a 3000 enfermeiros de toda España. Os profesionais bareman a xestión de enfermería de todos os centros sociosanitarios —públicos, privados e de iniciativa social— do país.

 

O ranking Monitor Reputación Sanitaria acada a súa sétima edición e recoñece o período 2020/2021, é dicir, un dos momentos máis duros da pandemia provocada pola covid-19. A residencia galega destaca nunha etapa na que os profesionais de enfermería fixeron un traballo fundamental.

 

Pola súa banda, Antón Acevedo puxo en valor o esforzo e o compromiso de todos os traballadores das residencias públicas autonómicas. Máis en concreto, agradeceu o labor dos profesionais que forman parte da residencia de maiores Torrente Ballester, “un centro público referencia en Galicia e, como se pode ver, tamén en España”, subliñou.

Imaxes relacionadas