Arias recibe ao centenar de participantes do campus de baloncesto Alex Llorca, que se celebra esta semana en Lugo
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, mantivo hoxe un encontro cos participantes e responsables do campus de baloncesto Alex Llorca, que se celebra esta semana en Lugo. A Xunta de Galicia colabora nesta iniciativa facilitando aloxamento e transporte.
Á xuntanza, que tivo lugar na Delegación Territorial, acudiron o ex-xogador do Breogán, Alex Llorca; e o entrenador e director do campus, Mateo Rubio, así como Rubén Engroba en representación da entidade organizadora, entre outros.
Tamén asistiron os máis dun cento de rapaces e rapazas que desfrutan esta semana do campus, que ofrece sesións de adestramento xunto con actividades de ocio e tempo libre, “un foro -apuntou Arias- para aprender a importancia do deporte e da disciplina para todos os aspectos da vida”.