A Xunta felicita o Concello do Carballiño que vén de acadar o recoñecemento da súa Festa do Polbo como de Interese Turístico Internacional

Lévase celebrando de maneira ininterrompida desde 1962 o segundo domingo de agosto de cada ano, cumprindo por tanto este ano a súa 58ª edición

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, felicitou esta mañá o Concello do Carballiño que vén de acadar o recoñecemento da súa Festa do Polbo como Festa de Interese Turístico Internacional.


A Festa do Polbo do Carballiño lévase celebrando de maneira ininterrompida desde 1962 o segundo domingo de agosto de cada ano, cumprindo por tanto este ano a súa 58ª edición. Tras ser declarada o 12 de xullo de 2012 como Festa de Interese Turístico Nacional polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, decídese desde o Concello do Carballiño rexistrar a marca, tanto da festa como da mascota.


Este mes de abril, o concello presentou a solicitude ao Estado para a declaración da Festa do Polbo como Festa de Interese Turístico Internacional co informe favorable da Xunta de Galicia.

Imaxes relacionadas