A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou hoxe o centro que pertence á rede pública autonómica
A Xunta inviste preto de 550.000 euros na renovación da escola infantil Antela, en Ourense
Esta importante actuación permitirá a substitución de toda a cuberta e a renova-ción da fachada para garantir a comodidade de usuarios e profesionais e mellorar o illamento e a eficiencia enerxética
O Goberno galego aposta pola conciliación e a etapa educativa de 0-3 anos a través da posta en marcha de 95 casas niño no rural e axudas como a Tarxeta Benvida ou o Bono Coidado
O vindeiro curso 2022-23 todas as escolas infantís serán gratuítas, unha medida que beneficiará a máis de 30.000 familias de toda Galicia das que 3.000 son da provin-cia de Ourense
A Xunta sacou a licitación as obras na escola infantil pública autonómica Antela, na cidade de Ourense, por un investimento de preto de 550.000 euros. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou hoxe as instalacións deste centro onde apuntou que esta importante actuación ten como obxectivo mellorar a comodidade dos seus usuarios e profesionais.
Gratuidade das escolas infantís
Sobre esta medida, puxo en valor que no vindeiro curso académico 2022-23 Galicia converterase na primeira comunidade en facer gratuítas todas as escolas infantís, tanto as públicas autonómicas, como as privadas, as de iniciativa social e as municipais. Unha medida que beneficiará a máis de 30.000 familias de toda Galicia das que máis de 3.000 están na provincia de Ourense.