A Xunta apoia unha nova edición de Xuvenciencia, que reúne no Campus de Lugo a case 100 participantes

Lugo, 4 de xullo de 2022

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe no acto inaugural da décima edición de Xuvenciencia, que organiza o Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela e conta co apoio da Xunta de Galicia a través dun convenio de colaboración polo que achega 10.000 euros.

 

Este campus de verán ofrece o primeiro contacto coa universidade a 95 mozos e mozas de 4º de ESO e BAC, así como de ciclos medios de FP, que poden elixir entre 16 proxectos e 13 talleres e actividades, a desenvolver ata o próximo sábado.

 

Arias explicou que o obxectivo desta proposta é fomentar o interese polas titulacións científicas, técnicas, sociais e humanísticas e atraer alumnado cara a estas disciplinas amosando o potencial do Campus Terra. Ao respecto, lembrou que a estratexia da Xunta de especialización dos campus, pioneira en España, pretende dotalos de identidade propia ligada ás potencialidades de cada entorno.

Imaxes relacionadas