A Xunta inviste 165.000 euros na mellora do firme da vía autonómica de altas prestacións entre Chantada e o Alto do Faro

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que os traballos para reforzar a seguridade nese treito acaban de comezar e durarán ata mediados de xullo

Chantada (Lugo), 1 de xullo de 2022 A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inviste 165.300 euros nas obras de melloraque acaba de iniciar na vía de altas prestacións CG-2.1, no treito entre Chantada e o Alto do Faro.

 

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, desprazouse hoxe ata o enlace coa estrada LU-213 para comprobaro avance dos traballos, que consistenno reforzo localizado do pavimento entre os puntos quilométricos 29+450 e 43+050.

 

Para iso programouse a realización de fresados nas partes da vía que o precisan e a reposición do firme con mestura bituminosa en quente. Posteriormente repintaranse as marcas viarias. A intervención comezoueste mércores e está previsto que remate a mediados de xullo aproximadamente.

 

A execución das obras afecta puntualmente ao tráfico, polo que está prevista a habilitación de carrís alternativos de circulación coa debida instalación de sinalización provisional cando sexa necesario.

 

A Xunta, a través daAxencia Galega de Infraestruturas, acomete directamente estes traballos cos medios de conservación de estradas da provincia de Lugo,co fin de reforzar a seguridade neste treito da CG-2.1, unha vía que conecta Monforte de Lemos co Alto do Faro.

 

Arias subliñou que o ano pasado rehabilitouse completamente o firme desta vía de alta capacidade entre Monforte de Lemos e Escairón (O Saviñao),dentro dun contrato de mellora de estradas da Zona Sur de Lugo dotado cun orzamento de 2 M€.

Imaxes relacionadas