Luis López entrega as bandeiras azuis de catro praias aos concellos da Illa de Arousa e da Guarda

O delegado territorial recibiu no edificio da Xunta en Pontevedra ao alcalde arousán, Carlos Iglesias, e a un funcionario guardés para darlles estas distincións

Pontevedra, 1 de xullo de 2022 O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, entregou na xornada de hoxe as bandeiras azuis de catro praias aos concellos da Illa de Arousa e da Guarda nun acto celebrado no edificio administrativo de Pontevedra.

O representante autonómico recibiu ao alcalde arousán, Carlos Iglesias, e a un funcionario guardés para darlles estas distincións e que as coloquen nos respectivos areais ante o comezo da tempada central do verán. Deste xeito, complétase a entrega na provincia despois de que a semana pasada o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidira o acto xeral na praia de Loira, no Concello de Marín.

As bandeiras entregadas hoxe ondearán nos areais do Bao e Area de Secada na Illa de Arousa e nos de Area Grande e O Muíño, pertencentes ao municipio costeiro do Baixo Miño.

A provincia de Pontevedra conta para este verán cun total de 57 símbolos de calidade nas súas praias distribuidos nunha ducia de concellos.

Imaxes relacionadas