Diego Calvo asiste á charla 'Diálogo sobre o futuro. Europa: o primeiro que pensamos cando as crises irrompen'

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu á charla Diálogo sobre o futuro. Europa: o primeiro que pensamos cando as crises irrompen, a cargo do diplomático Jorge Dezcallar e o politólogo Xosé Luís Barreiro. O acto, desenvolvido na sede da Fundación Empresa-Universidade Galega (Feuga), en Santiago de Compostela, foi presentado polo director xeral da entidade, Javier Pereiro, e contou tamén coa presenza do seu presidente e reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde.

Imaxes relacionadas