Galicia rexistra un total de 11.739 casos activos por coronavirus

Un total de 627.090 pacientes xa están curados

A día de hoxe hai 11.104 pacientes en seguimento nos seus domicilios

O Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar a información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos
 

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2022

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 11.739 deles 2.412 son da área da Coruña, 1.476 da de Lugo, 1.454 da de Ourense, 1.297 da de Pontevedra, 2.167 da área de Vigo, 2.055 da de Santiago e 861 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 22 están en UCI, 613 en unidades de hospitalización e 11.104 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 627.090 persoas curadas, rexistrándose 3.585 falecementos. 

Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:
Día 23 de xuño:

Home de 93 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Muller de 92 anos, na área sanitaria de Vigo.

Muller de 68 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.

Muller de 89 anos, na área sanitaria de Santiago e Barbanza.

 
Día 24 de xuño:

Home de 74 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Muller de 60 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.

Home de 89 anos, na área sanitaria de Vigo.

Home de 58 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.

Muller de 85 anos, na área sanitaria de Vigo.

Home de 86 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.

Home de 90 anos, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

 
 
Día 25 de xuño:

Muller de 96 anos, na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.

Home de 90 anos, na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.

Home de 63 anos, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

 
Día 26 de xuño:

Home de 88 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.

Muller de 91 anos, na área sanitaria de Santiago e Barbanza.

As persoas falecidas tiñan patoloxías previas.
O número de PCR realizadas é de 3.930.533.
 

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.692.648.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade permanece en alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e 881 54 00 45 para información covid

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía debe empregar o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número 881 54 00 45 naqueles casos que presenten síntomas leves de coronavirus, ou ben para resolver dúbidas relativas a covid-19. Ademais, o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Declaración responsable de autotest positivo e uso das máscaras

As persoas que obteñan un resultado positivo tras a realización dun autotest poderán comunicalo ao Servizo Galego de Saúde. Así, terán a súa disposición dúas modalidades para poder facelo dun xeito sinxelo. En primeiro lugar, a través da aplicación SergasMóbil, tal e como se explica no seguinte vídeo, ou ben, chamando ao número de teléfono 881 540 045.

Así mesmo, lémbrase o carácter obrigatorio do uso da máscara en determinados espazos interiores, como son os centros, servizos e establecementos sanitarios; os centros sociosanitarios e o transporte público e de viaxeiros.

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. de Sanidade