A Xunta asiste á saída oficial da peregrinación do Camiño Francés organizada por Special Olympics

O Porriño (Pontevedra), 27 de xuño 2022

O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, asistiu esta mañá á saída oficial da peregrinación do Camiño Francés organizada por Special Olympics. A entidade está a desenvolver unha serie de actividades en conmemoración do Ano Xacobeo 2022 entre as que se atopa a realización das distintas rutas do Camiño de Santiago que discorren pola Comunidade.

 

Deste xeito, xunto con esta saída desde o concello do Porriño, iniciáronse rutas desde distintos municipios de Galicia onde comeza o Camiño de Santiago. O vindeiro sábado confluirán os participantes nas diferentes rutas en Santiago onde se celebrará un acto de recibimento. Nestas rutas participan persoas con discapacidade intelectual que realizarán etapas simbólicas e adaptadas.

Imaxes relacionadas