A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano do rego de Gandarío, no concello de Bergondo

Estes traballos desenvólvense no percorrido do rego ao seu paso pola parroquia de San Xoán de Ouces

As tarefas céntranse na retirada de árbores e pólas caídas para evitar atoamentos na canle

As accións enmárcase no programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito Galicia-norte
 

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2022.-

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano do rego de Gandarío, no concello de Bergondo.

Estes traballos estanse a desenvolver nun treito deste rego ao seu paso pola parroquia de San Xoán de Ouces.

As tarefas céntranse na retirada de árbores e pólas caídas na canle para evitar atoamentos. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial Galicia-norte e nas súas zonas de acceso e protección.

 

Esta intervención de Augas de Galicia contribúe á mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais dos ecosistemas que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna dos ríos.

 

Imaxes relacionadas