A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o alcalde reuníronse esta semana

A Xunta e o Concello de Esgos avalían o proxecto para humanizar o entorno do barrio do Saramagal

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2022 A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Esgos, Mario Rodríguez, avaliaron o proxecto para humanizar o entorno do barrio do Saramagal durante unha reunión que mantiveron recentemente.

 

Segundo lle trasladou Ángeles Vázquez ao rexedor, este proxecto podería enmarcarse no Plan Hurbe, unha iniciativa posta en marca hai máis dunha década polo Goberno galego co obxectivo de brindar o seu apoio ás entidades locais na execución de actuacións dirixidas a habilitar ou recuperar equipamentos municipais e poñer en valor as contornas urbanas, e que este ano conta cun orzamento reservado de 7 millóns de euros.

 

Neste sentido, cómpre subliñar o compromiso da Xunta á hora de brindar apoio aos concellos para promover proxectos que contribúan a dinamizar as vilas galegas e mellorar a calidade de vida da veciñanza.

Imaxes relacionadas