Fernández-Tapias participa no acto de graduación da escola de Enfermería de Povisa

A delegada territorial de Xunta en Vigo felicitou aos estudantes da duodécima promoción que realizaron a súa formación neste centro

Vigo, 22 de xuño de 2022

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou este mércores no acto de graduación dos estudantes pertencentes á duodécima promoción do Grao da Escola de Enfermaría do Centro de Estudos Povisa (CEP). No acto celebrado no Auditorio Mar de Vigo, estiveron presentes o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa; o xerente da área sanitaria de Vigo, Javier Puente; o director da Escola de Enfermería, Alberto García; e o secretario xeral técnico de Sanidade, Alberto Fuentes.

A representante autonómica felicitou aos novos graduados e desexoulles moita sorte na súa nova etapa profesional. ”Non esquezades que a partir de hoxe pasades a ser profesionais da saúde, seredes «axentes de saúde». Ser axente da saúde, significa ser promotor e educador da mesma, seredes un símbolo para a poboación”, apuntou.

Imaxes relacionadas