Trenor e Parrado asisten á presentación da exposición "Somos migrantes" que chega A Coruña no Día Internacional das Persoas Refuxiadas

O delegado da Xunta e o director xeral de Inclusión destacaron o excelente traballo da ONG Entreculturas na defensa e protección das persoas migrantes en todo o mundo

A Coruña, 20 de xuño de 2022 O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participaron na presentación da exposición itinerante “Somos Migrantes” que está instalada no palco da música dos Xardíns de Méndez Núñez na Coruña, que te por obxectivo concienciar sobre a realidade das persoas migrantes. A mostra está organizada pola ONG xesuíta Entreculturas que leva 30 anos realzando unha gran labor en España procedente de América Latina.

O delegado da Xunta destacou que hoxe coincidindo con Día Mundial das Persoas Refuxiadas esta mostra é o mellor exemplo da importante labor que levan a cabo as ONG na  sociedade, “convertéronse na voz da nosa conciencia; nesa alerta permanente que nos lembra, a cada paso que damos, que o noso labor como gobernos é compasar o camiñar de todos ao ritmo do que camiña máis lento, sempre pendentes de que ninguén quede atrás”, subliñou.

O representante do Goberno galego rematou destacando o excelente traballo de Entreculturas polos seus programas de voluntariado, polas súas propostas de educación e polas súas accións de incidencia pública para xerar unha cultura de solidariedade e o necesario cambio global”.

Imaxes relacionadas