Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello de Vilariño de Conso, parroquia de Pradoalbar

Tras a última medición, a superficie afectada foi de 5,6 hectáreas de monte raso dentro do parque natural do Invernadoiro

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2022.-

A Consellería do Medio Rural informa de que o lume rexistrado no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Pradoalbar, quedou extinguido ás 09,13 h. desta mañá.

 

O lume iniciárase o venres ás 20,08 h. e segundo as últimas medición afectou unha superficie de 5,6 hectáreas de monte raso dentro do parque natural do Invernadoiro. No lugar traballaron un total de 6 axentes, 8 brigadas, 1 motobomba, 3 helicópteros e 2 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural