Estabilizado o incendio forestal rexistrado no concello de Vilariño de Conso, parroquia de Pradoalbar

Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie dunhas 10 hectáreas dentro do parque natural do Invernadoiro

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2022.-

A Consellería do Medio Rural informa de que o lume rexistrado no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Pradoalbar, está estabilizado desde as 16,33 h. desta tarde.

 

O lume iniciárase onte ás 20,08 h. e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie dunhas 10 hectáreas dentro do parque natural do Invernadoiro. No lugar levan traballando no seu control 4 axentes, 8 brigadas, 1 motobomba, 3 helicópteros e 2 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural