A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 08,30 h. de hoxe

Permanece activo o incendio no concello de Vilariño de Conso, parroquia de Pradoalbar, que afecta unhas 10 hectáreas do parque natural do Invernadoiro

Controlado o lume rexistrado no concello de Larouco, parroquia de Freixido, que afecta unhas 140 hectáreas
 

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2022.-

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ata as 08,30 h. de hoxe.

 

Permanece activo desde as 20,08 h. de onte o lume no concello de Vilariño de Conso, parroquia de Pradoalbar, que afecta o parque natural do Invernadoiro. Segundo as últimas estimacións, a superficie é de 10 hectáreas. No lugar levan traballando no seu control 2 axentes, 5 brigadas, 1 motobomba, 3 helicópteros e 2 avións.

 

O lume rexistrado na parroquia de Freixido, concello de Larouco, quedou controlado ás 23,40 h. de onte, tras comezar o xoves ás 7,26 h. da mañá. Segundo as últimas estimacións afecta unha superficie dunhas 140 hectáreas. Na súa extinción mobilizáronse ata o de agora 20 axentes, 36 brigadas, 25 motobombas, 2 pas, 5 helicópteros e 2 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.