Trenor clausurá o II Encontro Gali Forum organizado pola Asociación Cambre Empresarial

O delegado da Xunta agradeceu o recoñecemento recibido polo apoio da Xunta ao sector empresarial

A Coruña, 17 de xuño de 2022

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou esta tarde na clausura das xornadas Ii Gali Forum, organizadas pola asociación Cambre Empresarial, no que se analizou a situación económica actual. O representante do Goberno galego agradeceu a distinción recibida en recoñecemento polo apoio da Xunta ao sector empresarial de Galicia.

Na súa intervención destacou que "a máxima preocupación da Xunta de Galicia é acompañar á sociedade nunha senda de progreso solidario na que todos avancemos que ninguén quede atrás”. Neste senso, subliñou que nos momentos máis complicados é cando as administracións teñen a obrigación de saír ao quite e de demostrar a súa utilidade. “Hai un ano, a prioridade da Xunta era reducir o impacto económico da pandemia. Hoxe o noso obxectivo é detectar e impulsar as oportunidades que estas dificultades nos ensinaron”, recalcou

O representante do Goberno galego rematou lembrando que “e para acadar este obxectivo traballamos en todas as frontes”. Trenor puxo algúns exemplos destas medidas como a axilización da licitación pública para xerar emprego, a Lei de simplificación administrativa ou a tramitación da Lei de áereas empresariais.

Imaxes relacionadas