Nava Castro participa na presentación do I Circuíto Xacobeo Pádel Tour

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2022

Santiago de Compostela acolleu hoxe a presentación do I Circuíto Xacobeo Pádel Tour, evento que contou coa participación da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.


O I Circuíto Xacobeo Pádel Tour terá lugar en catro sedes das provincias de Pontevedra e a Coruña entre os meses de xuño e xullo. Así, as probas terán lugar na Estrada do 13 ao 18 de xuño, en Ames do 1 ao 3 de xullo, en Cabio o 9 e 10 de xullo e finalmente en Santiago do 18 ao 23.


En cada un dos torneos haberá tres categorías masculinas, tres femininas e dous categorías mixtas, ademais, cando o número de parellas o permita, tamén contará con categorías infantís.


Os premios a repartir entre os gañadores de cada categoría serán viaxes a hoteis e casas rurais, lotes de produtos gastronómicos galegos e comidas e cenas en diferentes restaurantes da nosa comunidade. Ademais, os torneos contarán con sorteos de material deportivo, gafas de sol e outros regalos entre os participantes do sorteo.


“O pádel é unha práctica deportiva que claramente está en auxe, coa incorporación masiva de participantes ano tras ano e a visibilización cada vez máis grande deste deporte, que encumbra os valores de deportividade, esforzo e compañeirismo” sinalou Castro durante a súa intervención.