A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda participou na clausura do programa Ecovoz

Ángeles Vázquez agradece á comunidade escolar o seu compromiso coa educación ambiental

Cerceda (A Coruña), 17 de xuño de 2022

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, agradeceu hoxe á comunidade escolar o seu compromiso coa educación ambiental.

Durante o acto de entrega de premios do programa Ecovoz, Ángeles Vázquez felicitou aos colexios gañadores e cualificounos como exemplo da Galicia educada nos valores de respecto e compromiso coa protección do medio ambiente, que contribúe ao desenvolvemento sustentable e que mellora a calidade de vida presente e futura.
 
A maiores, a conselleira lembrou que o coidado do medio ambiente é unha responsabilidade de toda a sociedade e que facer un uso máis eficiente e sostible dos recursos é prioritario e esencial, así como levar a cabo unha boa xestión dos residuos para garantir a súa correcta reciclaxe.

Para concluír, Ángeles Vázquez pediulle ao alumnado que manteña no futuro as boas accións polo coidado do medio ambiente polas que hoxe foi galardoado e que as fagan extensibles ás súas familias para seguir a difundir os valores e a conciencia ecolóxica.

Imaxes relacionadas