A Xunta é premiada pola Asociación Anasbadi pola súa implicación coas enfermidade raras

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, recolleu a distin-ción nun acto celebrado esta mañá en Madrid

Madrid, 16 de xuño de 2022 A Xunta de Galicia vén de recibir da asociación Anasbabi o premio ‘Referente’, en recoñecemento da súa implicación coas enfermidades raras. O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, recolleu este galardón hoxe en Madrid en representación da Administración autonómica, nunha cerimonia que tivo lugar na Aula Magna do Hospital Gregorio Marañón.

 

Anasbadi tamén distinguiu o traballo do xerente do Hospital Gregorio Marañón, Joseba Barroeta. A entidade salienta o feito de que este centro está incluído dentro da rede hospitalaria nacional de enfermidades raras, así como a calidade da atención asistencial e humana que presta.

 

O acto tamén serviu para repasar os proxectos desenvolvidos por esta entidade, que preside o ourensán José Carlos Pumar, nos seus sete primeiros anos de vida; así como para dar a coñecer a posta en marcha de ‘Diversia 5.5’. Trátase dunha rede asistencial que integrará unha vintena de áreas especializadas e medio centenar de centros para dar unha atención multidisciplinar aos pacientes e ás súas familias.

Imaxes relacionadas