A Xunta salienta o Xacobeo e o Camiño de Santiago como motores socioeconómicos de Galicia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou esta mañá en Mondoñedo nunha mesa redonda titulada “O impacto socioeconómico do Camiño”

Nava Castro destacou a valoración que os peregrinos lle dan ao Camiño acada un índice de satisfacción de case o 100%, dos que o 98,6% recomendan aos seus amigos e familiares a realización do mesmo
 

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2022

.- A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe nunha mesa redonda titulada “O impacto económico do Camiño” onde salientou o importante papel do Xacobeo e do Camiño de Santiago como motores socioeconómicos de Galicia.

Durante a súa intervención, a directora de Turismo de Galicia salientou que a atención aos peregrinos, a dotación de servizos e mellora dos Camiños, e a difusión internacional do evento, así como a ampla programación promocional cultural, con exposicións, concertos e encontros fan que este Ano Santo sexa unha celebración de excelencia”.

Así, Nava Castro destacou a valoración que os peregrinos lle dan ao Camiño, cun índice de satisfacción de case o 100%, dos que o 98,6% recomendaron aos seus amigos e familiares a realización do mesmo.

Tamén destacou que o peregrino ten un impacto económico sobre o territorio maior ca un turista, contribuíndo de xeito específico ao reequilibrio territorial, a xeración de tecido empresarial e, en último termo, á fixación de poboación no territorio polo que discorre o trazado. Neste senso, Nava Castro destacou que a percepción e opinión dos residentes vai nesta mesma liña, xa que a súa valoración global e moi positiva, máis do 80% da poboación das zonas polas que transcorre o Camiño considera que os beneficios para o concello son superiores aos costes.

“A aposta para a recuperación turística e económica da Xunta de Galicia foi este Ano Santo tan especial e, cos datos que estamos vendo na actualidade, onde máis de 120.000 peregrinos selaron a Compostela e máis dun millón de turistas chegaron á nosa comunidade, podemos afirmar que esta aposta foi todo un éxito” indicou a directora de Turismo de Galicia.

Imaxes relacionadas