Fernández-Tapias asiste á entrega de trofeos do TAP Nacional Xuvenil de Snipe no Real Club Náutico de Vigo

Vigo, 17 de xuño de 2022 A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, asistiu á entrega de trofeos do TAP Nacional Xuvenil de Snipe celebrado en aguas de la ría de Vigo, organizado polo Real Club Náutico de Vigo coa colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte e impulsado pola Asociación Nacional da clase.

Tras tres probas disputadas, Jacobo García e Alejandro Pérez, a tripulación combinada do Real Club Náutico de Sanxenxo e Vigo, e Carlos Bermúdez de Castro e César Herrera, do Real Club Náutico da Coruña, clasificáronse para o Campionato do Mundo  Júnior de  Leça de Palmeira (Oporto), que se celebrará do 27 ao 31 de xullo.

O acto contou coa presenza do presidente do Real Club Náutico de Vigo, José Antonio Portela, e o secretario da clase Snipe en Galicia, Ricardo Salgado.

Imaxes relacionadas